A localidade de O Porriño acolleu onte o torneo "O Noso Club", unha xornada festiva organizada pola Federación Galega de Balonmán para pechar a tempada nas categorías benxamín e alevín. O evento reuniu a máis de 800 xogadores e xogadoras procedentes das catro provincias galegas.
Un total de 165 equipos gozaron dunha xornada de competición nos 16 equipos habilitados, seis interiores e catro exteriores, no polideportivo da localidade de O Louro. Cada conxunto disputou entre catro e cinco encontros de dez minutos de duración.
Ademais da competición, a xornada estivo marcada pola calor, que fixo imprescindibles gorras e crema solar. A organización dispuxo zonas de sombra e puntos de auga fría para combater as altas temperaturas, permitindo que xogadores e familias puidesen descansar e divertirse.




