A actividade, titulada O reto do sommelier, contará coa participación dun grupo de 15 persoas. O programa, que completou as súas tres quendas anuais cun total de 45 prazas, esgotou a súa dispoñibilidade en menos de media hora tras abrirse o prazo de inscrición o pasado 31 de xullo.
A sesión consistirá nunha cata a cegas organizada por grupos ou parellas, onde se combinarán os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas con produtos locais de tempada. O obxectivo é ofrecer unha experiencia lúdica que conecte a paisaxe e a memoria histórica do recinto coa cultura vitivinícola.
O ciclo deste ano comezou o 6 de agosto cun percorrido polas cinco subzonas da denominación e continuou o día 12 cunha sesión especial vinculada á observación astronómica. Os viñedos do castelo, que ocupan catro hectáreas, cultivan principalmente a variedade albariña, ademais doutras uvas brancas e tintas autóctonas.




