O obxectivo desta normativa é ordenar o uso extraordinario da vía pública por parte dos hostaleiros locais durante as festas de Porrigalia 2026, permitindo a colocación de instalacións portátiles fóra dos seus establecementos.
A autorización para estas instalacións estará vixente unicamente os días 25 e 26 de xullo de 2026. As estruturas deberán cumprir estrictas condicións de seguridade, especialmente en canto a riscos eléctricos e solidez, ademais de estar debidamente decoradas acorde coa temática do entorno e non dificultar a circulación viaria nin peonil.
Prohíbese expresamente a venda de bebidas en vasos, botellas ou calquera outro elemento de vidro que poida supoñer un risco para a integridade física dos cidadáns no exterior dos locais. Deberanse utilizar exclusivamente utensilios refuxables de plásticos ou similares.
O horario máximo de peche para os locais e as súas instalacións exteriores será o establecido pola lexislación vixente. Os responsables dos establecementos terán a obriga de manter limpos os espazos ocupados e os adxacentes.
Os titulares de establecementos de hostalería que desexen instalar estas barras deberán solicitalo previamente ao inicio de Porrigalia, indicando os metros que ocuparán. A comunicación pódese realizar a través do correo electrónico [secretaria.info@oporrino.org] ou mediante o rexistro electrónico na sede do Concello do Porriño.




