As entradas, cun prezo de 45 euros máis gastos de xestión, poden adquirirse a través da páxina web oficial do evento. A cita musical regresa á cidade olívica consolidándose como unha das grandes propostas do inicio do verán en Galicia.
A xornada inaugural, o venres 26 de xuño, contará coas actuacións de artistas como La Reina del Flow, que ofrecerá un espectáculo de 120 minutos, xunto a Coti, Miriam Rodríguez, Pablo Lesuit, Sabela e José de Rico.
O sábado 27 de xuño será o turno doutros nomes destacados do cartel, incluíndo a Álvaro de Luna, Juan Magán, Lori Meyers, Taburete, Carla Lourdes, Fredi Leis, Marlena e Vera Fauna.
Coa combinación de artistas nacionais e internacionais, o Galicia Fest busca repetir o éxito da súa primeira edición e converter Vigo nun punto de encontro musical clave no noroeste peninsular.




