A compañía ofrecerá funcións todos os días ás 20:30 horas, agás os domingos e luns, por descanso da compañía. As entradas xa están á venda a través de Ticketrona ou desde unha hora antes da función na propia taquilla.
Neste novo show, os artistas presentarán unha proposta que combina acrobacias, maxia, ilusionismo e malabarismo, ademais da presenza dos divertidos pallasos.
“"O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Educación, Estela Pérez, acudiron onte ata a gran carpa para saudar a todos os integrantes do ‘Circo Arena’."




