David Ferreiro, que ascende dende o filial, asume a responsabilidade de obter resultados sen descoidar a formación das xogadoras. "Hai xogadoras que están pegando forte para o día de mañá estar no primeiro equipo e debemos seguir nesa liña", declarou o técnico, quen tamén subliñou a necesidade de "competir e dar o máximo" cando salten ao campo.
O preparador vigués anunciou que incorporará entre cinco e sete xogadoras do As Celtas Sporting, equipo que dirixirá Vicky Vázquez, a súa predecesora no cargo.
“"O obxectivo final é estar no fútbol profesional. Se logramos un ascenso o próximo ano será fantástico, pero hai que ir día a día. Queremos ascender, pero queremos facelo á nosa maneira."
Pola súa banda, o coordinador da estrutura feminina, Humberto Lede, recalcou a ambición do club de alcanzar a máxima categoría, pero "á nosa maneira", buscando a sustentabilidade. Sinalou que a próxima tempada enfrontaranse a rivais con "moitísima tradición e que destinan moitísimos recursos ao fútbol feminino", como o Racing ou o Real Oviedo.




