Vólcase un camión cisterna na AP-9 en Mos e causa o corte da vía

O accidente provocou fugas de gasóleo e un pequeno incendio, sen que se rexistrasen feridos.

Camión cisterna envorcado na AP-9 en Mos con vertido de gasóleo e intervención de emerxencias.
IA

Camión cisterna envorcado na AP-9 en Mos con vertido de gasóleo e intervención de emerxencias.

A AP-9 permanece cortada dende as 9:30 da mañá no quilómetro 160, en sentido Tui, no termo municipal de Mos, tras o envorco dun camión cisterna que transportaba 32.000 litros de gasóleo.

O suceso, que non causou feridos, provocou varias fugas do combustible e mesmo un pequeno incendio que xa foi controlado polas dotacións de emerxencia. A Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Vigo e do Baixo Miño, xunto co GES de Mos, traballan na zona para retirar o vehículo e a carga.
Activouse o Plan de Emerxencias por accidente no transporte de mercadorías perigosas (Transgal) para coordinar as intervencións e minimizar o impacto ambiental e sobre a veciñanza. As autoridades desaconsellan achegarse á zona por motivos de seguridade.
A vía segue pechada ao tráfico e non hai previsión de cando será reaberta, á espera de novas indicacións sobre a evolución do operativo.