A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Allegue, participou hoxe nos actos organizados con motivo da celebración do Día do Carmen no Porto de Vigo. Esta xornada, de especial significado para a comunidade marítimo-pesqueira galega, tamén contou coa asistencia da presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana.
Durante o evento, as responsables autonómicas acompañaron aos profesionais do sector pesqueiro, marítimo e portuario nos diferentes actos relixiosos. Tamén participaron na tradicional procesión marítima, onde se destacou o papel dos homes e mulleres do mar e a importancia de preservar as tradicións que forman parte da identidade das vilas costeiras galegas.




