A festividade, que terá lugar o venres 25 (festivo local en Baiona) e o sábado 26 de setembro, contará coa instalación de postos ao longo da rúa Marqués de Quintanar e na contorna da praza de Santa Liberata.
Os produtos que se poderán atopar á venda inclúen unha ampla variedade como mel, noces, cosmética natural, rosquillas, queixos, embutidos, garrapiñadas, algodón de azucre, churros, doces, bisutaría, coiro, xoguetes artesáns, monicreques, cerámica, antigüidades e libros de segunda man, entre outros.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende hoxe, 25 de agosto, ata o vindeiro 7 de setembro de 2026, ambos os días incluídos. As persoas interesadas poderán cubrir tanto a solicitude como o anexo I (declaración responsable) e entregalo a través do rexistro de entrada no Concello ou mediante a sede electrónica.




