A manifestación, que percorreu as principais rúas do centro da cidade, tivo como obxectivo visibilizar o descontento do colectivo ante as medidas gobernamentais que, segundo os participantes, ameazan a viabilidade de moitas actividades económicas. Os manifestantes portaban luvas vermellas como símbolo da "sangría laboral" que, afirman, padecen.
“"Analizar con rigor o impacto real desta medida que afecta directamente á viabilidade de moitas actividades."
Baixo o lema "Autónomos asfixiados. Por unhas condicións de traballo dignas", a marcha pacífica iniciouse na Praza de España e continuou por Gran Vía, Urzaiz e Príncipe ata a Praza da Princesa. Entre as súas principais reivindicacións atópanse a redución das cotas e unha maior protección social para o sector.
A plataforma, que se define como un movemento cidadán, horizontal e independente, organizou mobilizacións similares en diversas cidades de España, ante o que consideran unha "falta de respostas reais aos problemas estruturais" que afectan aos traballadores por conta propia.




