A peza gañadora aborda a problemática da contaminación medioambiental xerada polas macrogranjas na comarca de A Limia, poñendo o foco nas súas consecuencias sociais e ambientais.
O xurado, composto polos xornalistas Ramón Rozas e Carme Vidal, xunto ao escritor Ramón Nicolás, salientou a valentía e o compromiso do texto coa denuncia dos danos ao medio ambiente e á saúde pública, así como a presunta impunidade das explotacións.
No seu artigo, Álvarez analiza a transformación paisaxística, social e económica que supón este modelo produtivo, e fai fincapé no deterioro do patrimonio fluvial galego, especialmente do río Limia, reclamando medidas urxentes.
Con este galardón, Aser Álvarez incorpórase á lista de recoñecidos co Premio Manuel Lueiro Rey de Xornalismo, un certame que xa premiou a figuras como Xoán Carlos Domínguez Alberte ou Montse Fajardo.




