A media maratón Vig-Bay, que une as localidades de Vigo e Baiona, está a piques de acadar un novo récord de participación. A organización prevé que máis de 8.000 corredores crucen a meta no Val Miñor, sumando os participantes da proba tradicional de 21.092 metros e os da Mini Bay de 10 quilómetros.
Este incremento na cifra de atletas inscrítos, que xa rolda os 8.000, sustenta a confianza nunha nova marca. Especialmente na media maratón, onde se espera superar o tope de 2015, cando case 4.800 corredores completaron o percorrido. Nesta edición, preto de 6.400 xa se anotaron para percorrer a costa entre Vigo e Baiona.
A proba, que leva case dúas décadas celebrándose, mantén o seu carácter popular, sen grandes premios que atraian a figuras de elite. A espectacularidade do percorrido e a súa relevancia social na área de Vigo e en Galicia son os principais atractivos. A presenza de fondistas lusos é habitual, e Rubén Pires, gañador do ano pasado, aspira a revalidar o seu triunfo. Pola contra, a viguesa Carmela Cardama, vencedora na edición anterior, non participará.
A xornada comezará cedo, coa saída da Mini Bay en Nigrán ás 9:30 horas. Posteriormente, ás 10:00 horas, darase o pistoletazo de saída á media maratón desde Samil, en Vigo, non sen antes a partida dos triciclos, handbikes e Joelettes, prevista para un cuarto de hora antes.




