A xornada festiva incluíu o despregamento de sete buques da Armada e dúas patrulleiras da Garda Civil, que ofreceron un espectáculo naval duns 15 minutos de duración. Tras o acto, as embarcacións retiráronse cara ao fondeadoiro das Illas Cíes.
Miles de cidadáns achegáronse á praia de Samil para gozar da singular estampa e aproveitar a tarde. A actividade na zona mantívose durante boa parte da xornada, coa previsión dunha demostración de capacidades dos Exércitos, Armada e Garda Civil programada para as 17:15 h no mesmo lugar.




