O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) puxo fin ao longo conflito entre a familia de Ramón Arines e a Comunidade de Montes en man común de Santa Marina de Cabral por unha parcela de aproximadamente tres mil metros cadrados, situada preto do Instituto Feiral de Vigo.
O predio, que pertence a un veciño de Cabral dende 1996, foi obxecto dun proxecto de reconstrución dunha vivenda que tivo que ser paralizado debido á presión dos comuneros e a accións intimidatorias, incluíndo un incendio e o derribo parcial dun muro.
A resolución inicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, confirmada pola Audiencia Provincial, considerou que non había probas suficientes para situar o terreo en disputa dentro do perímetro comunal e cuestionou a validez dun plano de 1891, así como a persistencia de vestixios físicos dende o século XIX ante as transformacións urbanísticas.
A Audiencia tamén destacou que parte da parcela está inscrita como urbana, e o solo urbano non pode ser monte. O demandado achegou títulos de propiedade que se remontan aos anos 40 do século pasado. A Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes celebrou o fin deste "calvario" e pediu a intervención da Administración autonómica.




