Dende a súa apertura hai seis meses, o establecemento A Rella converteuse nun lugar de referencia en A Gudiña. Tras un cambio de xestión en outubro pasado, a valoración destes primeiros meses é moi positiva, destacando a súa localización estratéxica como porta de entrada a Galicia.
O local combina unha clientela habitual coa chegada de xente de paso, ofrecendo un servizo ininterrompido dende os almorzos ata as ceas. Ademais da súa oferta de cafetería, A Rella dispón dunha variada carta de racións, pratos combinados, tapas e bocadillos.
Entre as súas especialidades, gañan sona os pratos que levan o selo da casa, como a hamburguesa Rella, o sándwich Rella e a pizza Rella, que se converteron nos seus pratos estrela.




