Tras consolidar a práctica do parapente na Serra do Larouco, en Cualedro continúan xurdindo novas propostas de ocio activo. Nesta ocasión, membros da Sociedade Galega de Historia Natural que visitaron recentemente Lucenza tiveron a oportunidade de descubrir e practicar esta curiosa modalidade.
A falta de neve e trineos, a alternativa atopada é subirse a unha rama para deslizarse pola gran rocha, unha actividade que xa se está a dar a coñecer na zona.
A ver se chega aos próximos Xogos Olímpicos.




