O Portal de Contratos Públicos da Xunta publicou hoxe a licitación dun equipamento esencial para o traslado seguro de recentemente nados con necesidades especiais.
Unha das incubadoras será para o Hospital Público Comarcal de Valdeorras, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, substituíndo o equipo actual. A outra destinarase ao Hospital Novo Montecelo, pertencente á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Estas incubadoras de transporte neonatal extrahospitalario son equipos de soporte vital deseñados para proporcionar un entorno seguro e estable aos pacientes neonatos, garantindo illamento térmico e acústico, control da temperatura e humidade, e subministro de osíxeno suficiente para desprazamentos terrestres e aéreos.
As empresas interesadas teñen ata o vindeiro 22 de xullo para presentar as súas ofertas para este contrato.




