A localidade de A Rúa celebrou a terceira edición do festival O Son da Estación, un evento que congregou a centos de persoas na Praza da Estación. A xornada, que se desenvolveu sen incidencias meteorolóxicas, incluíu concertos de entrada gratuíta como parte dos Concertos do Xacobeo.
O cartel estivo encabezado por Baiuca, cuxa actuación fusionou música tradicional galega e electrónica. Tamén participaron Nadadora, referente do indie nacional, Luis Fercán, artista de canción de autor, e KillVir DJ, quen pechou a noite.
A actuación de Baiuca foi un dos momentos máis esperados, presentando a súa mestura de sons tradicionais e electrónicos por primeira vez en Valdeorras tras varios éxitos a nivel galego e estatal.
Nadadora marcou o seu regreso aos escenarios tras quince anos de parón, incluíndo A Rúa nas súas escasas actuacións deste ano para presentar novo material. Luis Fercán, con unha década de traxectoria en solitario, achegou a súa proposta que combina folclore e modernidade.
Ademais, o venres estreouse Sons Urbanos, unha nova proposta dedicada a sons urbanos con artistas como 9Louro, Kid Mount, Kike Varela e a actuación destacada da artista valdeorresa Mela. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presente no evento, subliñou a importancia de levar propostas musicais fóra das grandes cidades para a dinamización turística, económica e social.




