Tras unha primeira edición cun imaxinario apocalíptico, FU V – RENACER propón un novo comezo. Santiago de Compostela, coa súa rica dimensión histórica, cultural e espiritual, convértese no escenario desta nova etapa, onde a cultura urbana dialoga co patrimonio e a identidade da cidade.
O proxecto integra freestyle, música en directo e creación audiovisual nunha experiencia narrativa e escénica. Explora conceptos como a transformación, a conexión e o renacer, concibindo o freestyle como unha expresión libre e espontánea, desprovista de xuíces, puntuacións ou gañadores.
“"Kenan, unha das voces máis carismáticas do freestyle, será un dos grandes nomes do cartel desta edición, con máis artistas por anunciar."
FU V – RENACER reivindica a creatividade, a liberdade de expresión e a comunidade como eixos fundamentais dunha experiencia aberta a artistas e públicos diversos. Trátase dunha volta ás raíces co obxectivo de iniciar un novo capítulo.




