A Xunta de Montes de Casaio-Lardeira deu por rematadas as principais tarefas de reparación no refuxio de Fonte da Cova, un espazo moi apreciado polos montañeiros na comarca de Valdeorras. As obras centráronse na mellora da cuberta, a substitución de pezas de madeira danificadas e a reparación da cheminea, devolvendo ao exterior unha imaxe máis coidada.
Non obstante, a fontanaría do refuxio aínda presenta danos significativos. Un bulldozer, durante o último incendio forestal que afectou a zona, causou importantes desperfectos nas conducións do pozo que subministra auga á construción. Un equipo de operarios está a traballar actualmente na súa reparación.
Unha vez finalizadas todas as labores de restauración, o refuxio volverá estar á disposición de colectivos e particulares. A Xunta de Montes aínda non decidiu se a cesión do espazo comportará algún tipo de taxa para afrontar os gastos de mantemento, dado o custo da construción, erixida a 1.778 metros de altitude. Si se esixirán responsabilidades aos usuarios para que devolvan o refuxio nas mesmas condicións nas que o recibiron.
O refuxio de Fonte da Cova, construído a mediados do século pasado, recibiu a autorización da Federación Española de Montañismo (FEM) en novembro de 1944. Na súa edificación colaboraron a propia FEM, achegando materiais e financiamento, e os concellos de O Barco, Carballeda e A Veiga. O médico Gonzalo Gurriarán Gurriarán (1904-1975) tivo un papel determinante na súa construción.




