O Concello de A Veiga é beneficiario destas axudas destinadas á contratación de persoas mozas. O obxectivo principal é mellorar a cualificación destes traballadores para que adquiran as competencias profesionais e técnicas necesarias para acceder ao mercado laboral. O resultado esperado é a mellora da súa empregabilidade e a súa integración sostible no emprego.
Esta iniciativa enmárcase no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, impulsado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia para facilitar a inserción laboral dos mozos.




