A xornada, integrada na XX Semana Cultural do IES Maximino Romero, permitiu ao alumnado amosar máis de cincuenta propostas que abranguen disciplinas como a física, a química, a bioloxía e as matemáticas. Entre os traballos máis destacados figuraron proxectos baseados en intelixencia artificial e experimentos prácticos como levitadores ultrasónicos e reaccións químicas espectaculares.
O evento contou coa participación de alumnos procedentes dos institutos Pedra da Aguia, Terra de Soneira, Eduardo Pondal e o propio Maximino Romero, así como dos colexios As Revoltas, Cabo da Area, San Vicente e o centro educativo de Zas.
“"Saíu todo moi ben e tivo unha grande acollida, polo que xa estamos pensando nunha segunda edición."
A iniciativa, coordinada polo profesorado de xeito altruísta, busca fomentar as vocacións científicas entre os máis novos fóra do horario lectivo habitual. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, visitou o pavillón para coñecer os deseños e recoñecer o esforzo realizado polos estudantes e docentes na organización desta cita divulgativa.




