O Concello de Vimianzo, a través da súa alcaldesa Mónica Rodríguez, asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Festas de Vimianzo, representada por Noelia García. Este acordo destinará 15.000 euros para impulsar as celebracións que terán lugar no municipio entre os días 8 e 11 de agosto.
A programación musical inclúe a actuación de Pol 3.14 e Despistaos o venres 7, xunto á orquestra Cinema. O sábado 8, despois da tradicional misa na honra da Virxe do Carme e unha sesión vermú, a verbena estará amenizada por El Combo Dominicano e La Fórmula.
O domingo 9, a festa continuará co concerto do grupo arxentino Ráfaga. A eles acompañaranos a orquestra Principal e DJ Josiño Destroyer.
O luns 10 estará dedicado aos máis pequenos co tradicional Día do Nen@, que contará con inchables, festa da escuma e animación musical.
“"As festas patronais son un espazo de encontro para a veciñanza e tamén unha oportunidade para amosar Vimianzo a quen nos visita."
A alcaldesa Mónica Rodríguez destacou o carácter de encontro das festas patronais. Pola súa banda, Marta Castro, en representación da Asociación de Festas, agradeceu o apoio municipal e o esforzo da asociación, así como a implicación de colaboradores, patrocinadores e veciños para facer posible a celebración en honra da Virxe do Carmen e San Roque.




