O concello de Pantón ultima os preparativos para a súa tradicional Mostra do Viño, que nesta edición de 2026 terá lugar entre os días 8 e 10 de maio. O evento, que xa é unha Festa de Interese Turístico de Galicia, destaca por ser a única feira que agrupa viños procedentes das tres ribeiras galegas: Miño, Sil e Cabe.
Este ano, a mostra reforza o seu compromiso coa promoción enoturística, contando coa presenza de oito adegas pertencentes á subzona Ribeiras do Miño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. A organización busca así consolidar a Mostra como un referente para os amantes do viño e para o público en xeral.
“"Reforza o carácter técnico e divulgativo dunha feira que leva máis de tres décadas poñendo en valor o traballo das adegas da Ribeira Sacra."
Un dos puntos álxidos da programación será o pregón inaugural, que correrá a cargo do sumiller e divulgador galego Luis Paadín. A elección desta figura, recoñecida pola súa traxectoria como profesor de Análise Sensorial e Servizo, e técnico de Viticultura e Enoloxía, subliña a aposta do concello por unha apertura de alto nivel técnico e divulgativo.
O programa da Mostra 2026 incluirá diversas actividades para todos os públicos, como catas comentadas, degustacións nas casetas das adegas, actuacións musicais en directo e propostas de lecer familiar. Ademais, celebrarase en paralelo a novena edición da tradicional Festa da Empanada, que terá lugar o día 9 de maio no mesmo recinto feiral, situado no corazón de Ferreira de Pantón, en O Castro. Os asistentes poderán adquirir este produto directamente alí ou nas panaderías locais Tuiriz e Terrazo.




