A vila de Celanova prepárase para unha viaxe no tempo coa celebración da 14ª edición do Folión Castrexo. Este evento, recuperado o ano pasado, recrea o antigo pacto entre o pobo celerno e as tropas romanas, transportando os asistentes ao ano 132 d.C.
A xornada comezará ás 10:00 horas co ritmo de Vilatuke. A continuación, a Praza Cervantes será o escenario da representación da firma do pacto de paz entre ambos os pobos.
Unha vez selada a alianza, a comitiva emprenderá o ascenso a Castromao para culminar a xornada cunha gran festa de confraternidade.




