A proba, que se desenvolve nun circuíto de 6,7 quilómetros por hora, premia ao participante que máis voltas complete. O entorno privilexiado da Ribeira Sacra acolleu esta cita deportiva, consolidada como unha referencia neste tipo de carreiras de ultra resistencia.
En categoría masculina, Ibon Gamboa alzouse coa vitoria por terceira vez, completando 31 voltas e un total de 207,9 quilómetros. No podio acompañárono César Domínguez, con 30 voltas, e Arturo Piñeiro, con 29.
Pola súa banda, na competición feminina, Ruth Barrera impúxose tras completar 12 voltas. Elena Pérez e Silvia Arce finalizaron en segunda e terceira posición, con 11 e 10 voltas respectivamente.




