A iniciativa, que xa se presentou ás asociacións de veciños, desenvolverase finalmente nas parroquias que confirmaron interese e contan cun número suficiente de persoas para a súa posta en marcha. As actividades son de balde e non requiren inscrición previa, polo que os veciños só teñen que acudir aos locais sociais nos días e horarios establecidos.
A oferta deste ano inclúe catro modalidades: ximnasia de mantemento, pilates, actividades de memoria e manualidades. Estas sesións buscan contribuír ao benestar dos veciños e veciñas, permitíndolles manterse activos, aprender e compartir tempo con outras persoas.
“"Queremos que os veciños e veciñas das parroquias teñan ao seu alcance actividades que contribúan ao seu benestar e que lles permitan manterse activos, aprender e tempo con outras persoas."
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou a importancia de achegar estas propostas ao rural, contactando previamente coas asociacións para coñecer as necesidades específicas de cada lugar. Pola súa banda, a concelleira Paula Vigo puxo en valor a variedade da programación e a participación veciñal, subliñando que as actividades están adaptadas á demanda e son abertas a todas as persoas interesadas.
Desde o Concello anímase á veciñanza das parroquias participantes a consultar a programación completa, cos días, horarios e actividades correspondentes a cada localidade, e a sumarse a estas propostas que buscan favorecer a convivencia e a vida comunitaria no rural vilalbés.




