A competición desenvolverase na Nave do Senpa e estará dividida en dúas quendas. A primeira terá lugar pola mañá, a partir das 10:00 horas, e a segunda pola tarde, desde as 16:30 horas. O obxectivo do evento é ofrecer un espazo de encontro e participación para todas as persoas interesadas.
As persoas que desexen participar deben formalizar a súa inscrición antes do 17 de decembro. Para iso, deben enviar un correo electrónico ao enderezo guitiriztm@gmail.com, indicando o nome completo, a idade e un teléfono ou outro dato de contacto.
Para tomar parte no torneo, cada xogador ou xogadora deberá achegar a súa propia raqueta, así como roupa e calzado deportivo. Os arbitraxes serán realizados polos propios participantes e a competición rexerase pola normativa federativa.




