Organizada pola Asociación de Empresarios de Vilalba en colaboración co Concello e a Dirección Xeral de Comercio da Xunta, esta feira busca impulsar o comercio de proximidade. Baixo unha gran carpa, os visitantes poderán atopar ofertas en diversos sectores como moda, calzado, libraría e téxtil.
Entre os establecementos participantes atópanse Airalje Deportes, Mercería Mercedes, Ritello, As Nubes Moda, Carber Moda, Lanas Pingüin Corsetería, Kids, O Gato Con Botas, Carlin, Retoños, Wolf Design, Texas, Zokos, Denais e Remate Xpress. O horario de apertura será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas en ambas as xornadas.
Ademais das ofertas comerciais, a feira ofrecerá propostas complementarias para mellorar a experiencia dos asistentes. Haberá un servizo de ludoteca infantil para facilitar a conciliación familiar e diversas accións promocionais vinculadas ás compras realizadas durante o evento.
“"Esta feira é un exemplo claro do traballo conxunto entre o Concello e o tecido comercial para dinamizar Vilalba e apoiar aos nosos negocios locais. O comercio de proximidade é fundamental para a economía do municipio e tamén para manter viva a nosa vila."




