A asemblea da entidade, celebrada esta semana en Vilalba, serviu para presentar as diferentes iniciativas. Por municipios, a capital chairega lidera a participación con 14 solicitudes, seguida de Cospeito con once, Castro de Rei con sete, Xermade con cinco, Pastoriza con catro, Begonte e Abadín con tres cada un, e Guitiriz cunha.
A maior parte das propostas, un total de 37, son de carácter produtivo, centradas en ámbitos como o turismo rural, a creación de empresas de servizos ou a adquisición de maquinaria. Esta liña conta coa maior dotación económica, cifrada en 1.055.000 euros.
Pola súa banda, os proxectos non produtivos suman once iniciativas, das cales seis corresponden a concellos e cinco a entidades privadas sen ánimo de lucro, cunha reserva de fondos de 262.000 e 37.000 euros respectivamente.
Actualmente, os proxectos atópanse en fase de revisión para verificar o cumprimento dos requisitos. A resolución definitiva publicarase despois do verán, cun prazo de execución que abrangue os anos 2027 e 2028, aínda que os traballos deben iniciarse durante o presente exercicio.




