Guitiriz estrea depuradora no Mesón da Cabra para mellorar o saneamento

A nova infraestrutura, cun investimento de máis de 155.000 euros, beneficiará a unha decena de edificacións na parroquia de Trasparga.

Imaxe dunha planta de depuración de augas residuais nun entorno rural galego.
IA

Imaxe dunha planta de depuración de augas residuais nun entorno rural galego.

O Concello de Guitiriz vén de activar a nova depuradora e o sistema de saneamento no núcleo do Mesón da Cabra, na parroquia de Trasparga, cun investimento que supera os 155.000 euros.

Esta infraestrutura, que supuxo un desembolso de 155.628,17 euros, está deseñada para dar servizo a máis dunha decena de edificacións, incluíndo diversos negocios da zona.

Permitirá unha correcta xestión da augas residuais, contribuíndo á conservación do contorno natural e ao cumprimento das normativas vixentes en materia de saneamento.

Nos vindeiros días, o goberno local de Guitiriz enviará unha comunicación aos veciños para informar sobre o procedemento de conexión á nova rede de saneamento e o uso do servizo.

"Trátase dunha obra moi necesaria para esta zona. É importante a mellora dos servizos básicos no rural e na protección do noso medio ambiente."

Marisol Morandeira · Alcaldesa de Guitiriz
Este novo sistema de depuración no Mesón da Cabra súmase a outras instalacións xa operativas no municipio, como as de O Sanguiñedo, Santa Locaia e Pedrafita, así como ás estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) de Guitiriz e Parga e a depuradora do polígono industrial.