Fume dunha churrascada en Vilalba alerta os veciños e moviliza os bombeiros

A humareda orixinada por unha churrascada nunha vivenda da Rúa Ferrería provocou a alarma na zona e a intervención dos servizos de emerxencia.

Imaxe xenérica de fume saíndo dun edificio nunha rúa estreita con luces de emerxencia.
IA

Imaxe xenérica de fume saíndo dun edificio nunha rúa estreita con luces de emerxencia.

Unha intensa fumareda saíu este mércores da planta baixa dunha vivenda na Rúa Ferrería de Vilalba, alertando veciños e transeúntes que chamaron ao 112 Galicia por un posible incendio.

Os bombeiros do parque comarcal da capital chairega desprazáronse de inmediato ao lugar, no casco vello, onde comprobaron que non existía ningún lume no interior do edificio. A humareda respondía a unha churrascada que estaban a realizar os moradores da vivenda.
Segundo fontes consultadas, a parrillada realizouse nun balcón da parte traseira, pero as brasas foron trasladadas ao portal ao rematar. A calor da xornada e a brisa que entraba pola porta aberta avivaron as brasas, enchendo de fume todo o edificio e xerando alarma na zona.

A calor da xornada e a brisa fixeron que se avivaran as brasas, enchendo de fume todo o edificio.

Ata o lugar tamén se achegaron dúas patrullas da Garda Civil. Tras verificar que todo estaba en orde e que non había persoas nin materiais afectados, os medios de emerxencia retiráronse.