Os bombeiros do parque comarcal da capital chairega desprazáronse de inmediato ao lugar, no casco vello, onde comprobaron que non existía ningún lume no interior do edificio. A humareda respondía a unha churrascada que estaban a realizar os moradores da vivenda.
Segundo fontes consultadas, a parrillada realizouse nun balcón da parte traseira, pero as brasas foron trasladadas ao portal ao rematar. A calor da xornada e a brisa que entraba pola porta aberta avivaron as brasas, enchendo de fume todo o edificio e xerando alarma na zona.
A calor da xornada e a brisa fixeron que se avivaran as brasas, enchendo de fume todo o edificio.
Ata o lugar tamén se achegaron dúas patrullas da Garda Civil. Tras verificar que todo estaba en orde e que non había persoas nin materiais afectados, os medios de emerxencia retiráronse.




