A rexedora de Vilalba vén denunciando a situación da infraestrutura desde xaneiro de 2024, sen obter, segundo as súas declaracións, unha resposta satisfactoria por parte do Goberno galego. A última comunicación dirixiuse á directora xeral de Mobilidade da Xunta, Judit Fontela, solicitando unha reunión presencial coa maior brevidade posible.
“"A infraestrutura está nun estado de absoluto abandono."
Na carta, a alcaldesa tamén recordou un encontro previo, celebrado en xullo de 2025, no que a propia directora xeral se comprometeu a ofrecer unha resposta inmediata sobre a situación da estación. Ademais, Rouco subliñou que o Consello da Xunta aprobou recentemente un plan estratéxico de eficiencia enerxética para as estacións de autobuses, do cal a de Vilalba foi excluída.
“"Confío nunha pronta e satisfatoria resposta por parte da Xunta."
A pesar da exclusión do plan, a alcaldesa manifestou a súa confianza en recibir unha solución favorable por parte da administración autonómica para abordar as deficiencias da estación.




