O encontro serviu como primeira toma de contacto entre a representante do Goberno galego e o novo xeneral. Durante a xuntanza, Aneiros transmitiu os seus bos desexos para unha estadía produtiva durante o seu servizo na cidade.
Morales Trueba chega a Ferrol para asumir o seu novo posto tras unha destacada traxectoria nas Forzas Armadas. Entre os seus anteriores destinos, resalta o seu labor como director da Escola de Infantería de Marina General Albacete y Fuster, situada en Cartaxena.




