A Deputación de Pontevedra está a supervisar as obras de mellora da drenaxe e construción de cunetas de seguridade na estrada provincial EP-7203, que une Soutelo e Covas, no concello de Forcarei. A deputada de Infraestruturas Públicas e alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, percorreu o tramo de preto de dous quilómetros desta vía onde a institución provincial investiu 265.000 euros.
A actuación, xa finalizada, incluíu a execución de dúas cunetas transitables no lugar de Fixó: unha de 670 metros (entre os quilómetros 5+400 e 6+150) e outra de 820 metros (entre os quilómetros 4+850 e 5+950). Ademais, construíuse unha cuneta transitable de formigón de 410 metros no núcleo de Portela.
“"Trátanse de cunetas transitables, co que ademais de mellorar a drenaxe e a conservación do firme tamén estamos a optimizar a seguridade viaria."
Belén Cachafeiro tamén destacou que nestes tramos se colocaron novas tubaxes, executáronse arquetas e realizouse o recrecido de pozos. O obxectivo destas intervencións é evitar filtracións de auga e previr danos ao firme da estrada.




