A sinalización necesaria para a entrada en vigor desta medida xa foi colocada nas tres vías mencionadas. A Policía Local de Sarria establecerá un dispositivo de control durante os primeiros días para garantir que o cambio se desenvolva con normalidade.
Dende o consistorio fan un chamamento á precaución para os condutores que circulen por estas rúas mentres se familiarizan coa nova ordenación do tráfico.




