A competición tivo lugar no pavillón municipal de Cendea de Cizur, onde as deportistas sarriás amosaron un alto nivel. Na categoría alevín, Ángela Chaos acadou o primeiro posto cunha puntuación de 33,5, superando a Clara Riveral (32 puntos) e Beatriz Sainz (27,8), ambas as dúas de Navarra.
Pola súa banda, na categoría infantil, Sara Martínez do Club Anca conseguiu un meritorio terceiro posto cunha puntuación de 20,10. A primeira posición nesta categoría foi para a navarra Lucía Forcada (21,0), seguida da vasca Iara Valencia (20,80).
Desde o club sarriao mostráronse moi contentos cos resultados de ambas as dúas mozas, quen viaxaron ata Navarra cheas de ilusión tras realizar intensos adestramentos.
Antes da súa partida cara a Navarra, as dúas patinadoras e a súa adestradora, Vanesa Parada, foron recibidas no consistorio de Sarria. O edil de Deportes, Félix Seijas, entregoulles a bandeira do Concello, nun acto no que tamén estivo presente a directora territorial de Emprego, Carmen José López, recoñecendo o seu esforzo e representando o apoio institucional.




