Condutora evacuada ao Hula tras un accidente en Sarria

O sinistro ocorreu na Rúa da Liberdade cando o vehículo colisionou cun turismo estacionado e acabou na beirarrúa.

Imaxe xenérica de luces de emerxencia reflectindo nunha estrada mollada pola noite.
IA

Imaxe xenérica de luces de emerxencia reflectindo nunha estrada mollada pola noite.

Unha condutora foi trasladada ao hospital Lucus Augusti de Lugo (Hula) na tarde deste sábado tras sufrir un accidente de tráfico en Sarria.

O suceso tivo lugar na Rúa da Liberdade, na entrada de Sarria dende Samos. O automóbil implicado invadiu o carril contrario, o que provocou a colisión cun turismo que se atopaba debidamente estacionado. Como consecuencia do impacto, o vehículo aparcado desprazouse ata a beirarrúa.
A condutora do vehículo sinistrado foi atendida e trasladada por unha ambulancia do 061 ao hospital lucense por motivos de precaución. Ao lugar dos feitos tamén se desprazou unha patrulla da Policía Local.
Os axentes da Policía Local encargáronse de levantar atestado sobre o ocorrido. Ademais, someteron á condutora implicada á proba de alcoholemia, a cal arroxou un resultado negativo de 0,0.