A Feira da Ponte Ulla en Vedra acolleu a primeira xornada de Credencial Gastro, unha iniciativa impulsada por profesionais da cociña e desenvolvida co apoio da Xunta de Galicia, a través do programa O Teu Xacobeo e da iniciativa Aquí Sabemos. O obxectivo é que os consumidores descubran e identifiquen os produtos galegos amparados por selos de calidade diferenciada dunha maneira participativa.
A actividade propón unha experiencia gastronómica gratuíta onde cada participante elixe entre catro tipos de tapa (carne, peixe, vexetal ou doce) e debe identificar tres ingredientes con selos de calidade diferenciada entre oito opcións. Quen superen o reto reciben recompensas como mostras de produtos e obsequios promocionais.
Esta iniciativa busca fomentar o coñecemento e recoñecemento dos selos de calidade diferenciada, que garanten a orixe e características dos produtos, ademais de pór en valor o traballo dos produtores e elaboradores galegos.
Tras o seu paso por Vedra, Credencial Gastro continuará en novembro nos concellos de Boqueixón, Pontecesures, Mesía e Curtis. Máis información na web credencialgastro.es.




