O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12.00 horas, no Salón de Plenos.
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acompañou á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, na súa visita á aldea de Eo dos Menecos para supervisar os traballos de asfaltado realizados.
As actuacións consistiron na mellora do firme no viario municipal que atravesa a aldea, asfaltando un tramo de 1.300 metros lineais e unha superficie total de 3.235 metros cadrados. Tamén se recreceron tapas, limpáronse cunetas e sinalizouse a vía horizontal e verticalmente.
Este proxecto, executado mediante un convenio coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, arranxa un viario deteriorado pola antigüidade do pavimento, as inclemencias meteorolóxicas e o desgaste do tráfico diario.
A rexedora destacou a importancia desta intervención para garantir a mobilidade, o acceso ás vivendas, a prestación de servizos e a seguridade de condutores e peóns na parroquia de Oza.




