O contrato, que inclúe o desenvolvemento do proxecto e a execución das obras, foi adxudicado á empresa Constructora San José por un importe de 8.161.855 euros. A construción, que se levará a cabo nunha parcela cedida polo concello, empregará técnicas industrializadas.
Esta nova promoción súmase a outra xa en desenvolvemento no mesmo concello, na rúa Cernadela, nas Galanas, que conta con 26 vivendas de promoción pública. Esta obra ten proposta de adxudicación á empresa Xestión Ambiental de Contratas S.L. por 4.754.186,20 euros.
Estas adxudicacións forman parte do compromiso da Xunta de duplicar o parque público de vivenda antes de que remate o ano 2028, co obxectivo de acadar as 8.000 vivendas, e chegar ás 10.000 en 2030.
No marco deste plan, xa se entregaron as primeiras chaves en xullo en Pontevedra (74 vivendas) e en setembro en Santiago (24 vivendas).




