As tarefas, que se prolongarán durante oito semanas, inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa nas canles fluviais para evitar atoamentos e facilitar a circulación da auga. Utilízanse ferramentas manuais e maquinaria de maiores dimensións.
No río Piñeiro, a actuación céntrase nun treito de 1,5 quilómetros ao paso polos lugares de Piñeiro, Freiría e Ribeira, nas parroquias de Reis e Rarís. No río Santa Lucía, os traballos abarcan 3,2 quilómetros nos lugares de Oliveira e Pontevea, na parroquia de Reis.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento do dominio público hidráulico e de zonas de alto risco potencial significativo de inundación (Arpsi). O obxectivo é mellorar os leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema.




