A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo unha xuntanza hoxe en Santiago de Compostela co alcalde dos Blancos, José Manuel Castro Blanco. O encontro centrouse no estudo de asuntos de interese para os veciños do concello, especialmente na análise de procedementos de concentración parcelaria e na execución de Plans de Infraestruturas Rurais.
Neste senso, recordouse que o concello dos Blancos xa foi beneficiario dunha achega de máis de 40.000 € dentro da convocatoria para 2025-2026 do Plan Camiña Rural, destinada á mellora de camiños municipais.




