O acordo, asinado este venres 13 de novembro de 2026, tamén busca destacar o impacto histórico e social da rede de estradas de Galicia. Ao acto asistiron a directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, e membros da directiva do Colexio.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas contribuirá á edición dun libro especializado e á organización dunha xornada formativa. Ambas as entidades colaborarán na elaboración de contidos e na difusión de iniciativas neste ámbito.




