A iniciativa, que nace da colaboración entre o Executivo Autonómico, a Federación Galega de Municipios (Fegamp), a Fiscalía Superior de Galicia e os corpos e forzas de seguridade do Estado, ten como obxectivo principal implicar aos municipios na prevención, detección precoz e actuación ante situacións de posibles casos de acoso escolar.
Durante o acto celebrado hoxe en Santiago de Compostela, tamén se puxo o foco nos novos desafíos aos que se enfronta a comunidade educativa, especialmente os derivados do mal uso das redes sociais e das novas tecnoloxías.




