O certame, promovido pola entidade Afundación e o centro PEN Galicia coa colaboración da Xunta, recoñece o traballo a prol da lingua e da cultura galega. O director xeral destacou a importancia de apoiar citas como esta, xa que "contribúen a enriquecer e prestixiar a nosa produción poética".
Lorenzo felicitou a Xerardo Quintiá, cuxa obra "Os cantos a Minha Senhor" o suma a unha lista de recoñecidos poetas. Tamén salientou o "bo momento que vive a poesía galega nos últimos anos", lembrando os recentes Premios Nacionais de Poesía obtidos por escritoras como Miriam Reyes, Chus Pato e Yolanda Castaño.
Xerardo Quintiá, natural de Friol (Lugo), foi elixido entre 46 poemarios presentados. Recentemente gañou o Premio Narrativa Breve Repsol e xa publicou unha vintena de libros.
O galardón, que inclúe a publicación do libro e unha dotación económica de 7.000€, ten unha traxectoria desde o ano 2002. Entre os seus gañadores figuran recoñecidos poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Vale Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa, Gonzalo Hermo, Miguel Sande, Oriana Méndez, Medos Romero, Ledicia Costas, Rafa Vilar, Miguel Rodríguez Monteavaro e Xosé Miranda Ruiz.
O xurado desta edición estivo composto por Luis González Tosar, Inés Mosquera Calvo, César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos.




