A Vicerreitoría de Innovación e Transferencia do Coñecemento da USC convoca esta iniciativa co obxectivo de espallar o coñecemento sobre a figura e obra de Rosalía de Castro, así como do seu contexto literario, cultural e histórico.
Poderán presentarse a este premio os estudantes que teñan defendido un Traballo de Fin de Grao (TFG) ou un Traballo de Fin de Máster (TFM), ou equivalente, durante os cursos académicos 2023/2024, 2024/2025 e 2025/2026. Os traballos poderán ser presentados en universidades galegas, estatais ou estranxeiras.
Os traballos presentados deberán acreditar a obtención dunha cualificación académica igual ou superior a 9/10, ou o seu equivalente, por parte das respectivas comisións de avaliación.
Concederase un único premio en metálico de 1000 euros para un TFG ou TFM, acompañado do correspondente diploma acreditativo. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2026.




