O Goberno galego está a acondicionar e mellorar máis de 400 quilómetros de estradas autonómicas co obxectivo de incrementar a seguridade viaria e conseguir unha mobilidade máis fluída. Así o sinalou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun vídeo difundido a través das redes sociais, onde puxo en valor estas actuacións que supoñen, no que vai de ano, un investimento de case 54 millóns de euros, distribuídos entre as catro provincias galegas.
Os traballos inclúen a mellora de firmes, a corrección de curvas e o redeseño de interseccións para modernizar as infraestruturas e adaptalas ás necesidades actuais do tráfico. Rueda salientou a importancia de manter e conservar as estradas existentes, ademais de construír novas.
Ademais das actuacións de conservación, tamén se acometerán melloras na sinalización horizontal, é dicir, nas marcas viarias pintadas nas estradas autonómicas.
“"Facer estradas novas está moi ben, pero manter e conservar as que xa existen tamén é igual de importante."
O titular do Executivo autonómico apelou a que o resto de administracións fagan un esforzo similar no mantemento e coidado das estradas da súa competencia.




