Esta iniciativa ten como obxectivo transformar os Traballos de Fin de Grao (TFG) e Traballos de Fin de Máster (TFM) en proxectos de impacto real, ofrecendo aos estudantes universitarios un itinerario formativo compatible co seu último ano de carreira e primeiras oportunidades profesionais.
As persoas emprendedoras interesadas en participar poderán inscribirse ata o 21 de agosto a través de U4impact. Colaborarán con estudantes que desenvolverán os seus proxectos baseándose nas necesidades das súas empresas.
No Demo Day celebrado en xullo no Centro de Orientación ao Emprendemento presentáronse proxectos como unha estratexia de comunicación para o cultivo biointensivo de Cultivo Gallego, a automatización da xestión de comunicacións con provedores para Mvico Eexperience, unha estratexia de márketing para a xoiería natural Sembra Biojoyas, e un repositorio semántico de variantes xenómicas para LongSeq Application.
Proxectos como o da estratexia de comunicación e divulgación para promover o cultivo biointensivo de produtos de temporada realizáronse no marco do Grao en Publicidade e Relacións Públicas. Outro proxecto centrouse na automatización da xestión de comunicacións con provedores loxísticos e de mantemento, ao abeiro do Grao de Enxeñería Informática.
Ademais, presentouse unha estratexia de comunicación e márketing para Sembra Biojoyas, desenvolvida no Grao en Deseño e Xestión de Moda. Tamén se deu a coñecer o repositorio semántico de variantes estruturais do xenoma humano, en colaboración con LongSeq Application, no marco do mestrado en Bioinformática para as Ciencias da Saúde e do Grao en Bioloxía.




